Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 03 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Manuel Carrera acada una "data pechada" para o remate das obras que Tragsa ten levantadas en todo O Porriño

[Img #20848]

 

Logo das "razonabeis queixas dos veciños ante o inexplicable retraso e o xeito de proceder da concesionaria"  o primeiro tenente de alcalde do  Porriño e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, como adiantara no Pleno , forzou unha xuntanza, "a pé de obra, dende a N-120 ata o Cemiterio de Cans", con representantes da  Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Eptisa, a firma de enxeñería, e a concesionaria, Tragsa, para acometer os problemas nas actuacións que afectan a as parroquias porriñesas.

Nesta reunión - que Carrera calificou como "dura"-  lembroulles que  "dende xuño a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a realizar os traballos de saneamento para a colocación de bombas de impulsión, que farán chegar as augas residuais á Estación Depuradora (EDAR) de Guillarei, actuacións que, sin xustificación, ainda que se pediu incontabeis veces explicacións a Tragsa están sufrindo paróns que están ocasionando numerosas molestias aos veciños, que non se remataban, mantendo fochancas abertas en varios lugares do concello".

O concelleiro de Vías e Obras esixiu a Joaquín López, representante da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; Carlos González, de Eptisa; e Ramiro Iglesias,de Tragsa, "pechar inmediatamente un prazo de execución, poñer a maior atención nas obras e actuar con máis responsabilidade á hora de comezar e rematar un traballo".

O representante de Tragsa comprometeuse a que esta mesma semana queden finalizadas completamente as obras en Cans, atendendo a observación de Manuel Carrera de que "se remate o asfaltado de todos os tramos abertos". Tamén obtivo o acordo de todas as partes de que os traballos que están facéndose no resto do Porriño rematen o mes que ven e que, a finais deste mesmo ano, os colectores entren en servizo conectando todas as parroquias do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.