GALICIA
Dende hoxe pódense tramitar permisos para facer queimas agrícolas e forestais
A Consellería do Medio Rural e do Mar permite desde hoxe volver tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución de risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A realización de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata hoxe debido ás condicións meteorolóxicas adversas propias da campaña de perigo alto de incendios forestais.
A partir de hoxe sábado poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembran que "as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191