GALICIA
Amplíase a alerta laranxa por temporal de vento ás provincias da Coruña e Pontevedra
Emerxencias tamén informou dun temporal costeiro de nivel laranxa nas provincias de Pontevedra e Coruña por ventos do Sur de forza 8.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta de temporal de nivel laranxa por vento ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación en Galicia, a alerta laranxa por vento vixente hoxe na provincia de Ourense ampliase ao noroeste, oeste, suroeste e interior da provincia da Coruña; e á zona das Rías Baixas, Miño e interior da provincia de Pontevedra, estimándose que poda acadar refachos de vento de ata 100 km/h.
Emerxencias alerta tamén dun temporal de nivel laranxa por costeiros no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e na zona das Rías Baixas e Miño, na provincia de Pontevedra, por ventos do sur de forza 8.
Na provincia de Ourense continua a alerta do temporal de nivel laranxa por vento na zona montañosa da provincia de Ourense, estimándose que poda acadar refachos de ata 100 km/h.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás respectivas Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191