Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 08 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Policía Local informará aos condutores dos cambios na normativa referida aos sistemas de retención infantil

O goberno local vén de remitir unha circular aos centro educativos da vila para que eles tamén axuden na divulgación destes cambios na normativa de educación vial

O pasado 1 de outubro entrou en vigor o Real Decreto (667/2015, do 17 de xullo) polo que se modifica o Regulamento Xeral de Circulación no referente á utilización dos cintos de seguridade e dos sistemas de retención infantil. Coa intención de dar a coñecer esta mudanza entre os veciños e veciñas da vila, a Policía Local, dependente da concellería de Seguridade Cidadá xestionada por Vanesa Fernández, realizará controis de verificación do uso do cinto de seguridade e aproveitará para informar de varias cuestións relativas a estas mudanzas na normativa.

 

Vehículos de ata 9 prazas

 

Todos os menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 centímetros deberán ir nos asentos traseiros cun sistema de retención infantil homologado. Tan só poderán viaxar no asento dianteiro, sempre co sistema de retención, cando o vehículo non dispoña de asentos traseiros; cando todos os asentos traseiros estean ocupados por menores; ou cando non se poida instalar o sistema de retención infantil nos asentos traseiros.

 

Para o resto de usuarios, será obrigatorio o uso do cinto de seguridade en todos os asentos, agás naqueles vehículos que non teñan cintos de seguridade instalados.

 

Vehículos de máis 9 prazas

 

Por exemplo os autobuses. En todos eles deberá informarse a todos os pasaxeiros da obriga de abrocharse o cinto de seguridade. Pódese facer a través do condutor, do guía, de medios audiovisuais ou de letreiros.

 

Para aqueles nenos que teñan tres ou máis anos de idade e unha estatura igual ou inferior a 135 centímetros será obrigatorio o uso de sistemas de retención infantil debidamente homologados e adaptados á súa talla e peso. Cando os vehículos non dispoñan destes sistemas, estes menores poderán utilizar o cinto de seguridade sempre que se adapte á súa talla e peso.

 

Compromiso

 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, móstrase “disposta a informar, difundir e divulgar todo o que sexa preciso para que os usuarios dun determinado vehículo viaxen o máis seguros posibles nos seus respectivos traxectos”. Neste senso, o goberno local vén “de remitir unha circular aos centro educativos da vila para que eles tamén se impliquen e axuden a concienciar a pais e nenos da importancia da educación vial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.