Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 06 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

ACIP denuncia o estado de abandono das parroquias

[Img #20894]

 

O portavoz de ACIP, Juan Carlos González Carrera, asegurou que as parroquias de Ponteareas están nun “alarmante estado de abandono” e amosou a súa preocupación polo feito de que, “o estado dos viais que xa están en mal estado, coa chegada das choivas de outono, revestirán grande perigosidade para a circulación rodada”.

 

González Carrera asegurou que o estado das parroquias débese a “falta de planificación e coordinación do Goberno Municipal” e que dita falta de planificación “a pagan todos os veciños e veciñas que ven como as estradas das súas parroquias se deterioran sen que ninguén faga nada”.

 

O portavoz dos independentes ponteareáns explicou que o goberno “non pode alegar falta de medios” porque, asegura González Carrera “conta cos mesmos que en anos anteriores” e pregúntase onde están “a trintena de traballadores que se dedican as tarefas de mantemento da rede viaria, porque os seus contratos son para esa labor”.

 

Os veciños e colectivos veciñais están fartos de poñer ditos feitos en coñecemento do goberno municipal .O mesmo ocorre  cos  parques e zonas de recreo das parroquias polo seu abandono.

 

O mantemento dos viais das parroquias debe ser, segundo o concelleiro de ACIP, “prioritario para calquera goberno municipal, non só porque garante a seguridade dos condutores, senón porque melloran a capacidade de resposta dos servizos de emerxencia municipais”.

 

Os veciños das parroquias, segundo asegura González Carrera, “pregúntanse se non pagan os mesmos ou máis impostos que os do casco urbano”. O certo e que pagando os seus impostos, engade o edil independente, “teñen, nalgúns casos, que limpar eles mesmos as estradas ante a falta de resposta da administración local”.

 

Na maioría das parroquias, afirma Juan Carlos González, os veciños denuncian o feito “de que só se limparon os torreiros cando chegan as festas, esquecéndose de que unha parroquia é algo máis que un torreiro”.

 

O Portavoz de ACIP advertiu ao goberno local que o seu grupo “seguirá denunciando estas situacións e non consentirá o abandono ao que o goberno local está sometendo aos veciños e veciñas das parroquias”. ACIP anunciou tamén que levará esta iniciativa ao próximo Pleno da Corporación e “esixiremos responsabilidades”.

 

“En Ponteareas non debe haber -afirmou González Carrera-  veciños de primeira e de segunda”. “o noso programa electoral -lembra o portavoz de ACIP- foi  ‘24 motivos’ e son 24 as parroquias do concello que deben ser tratadas por igual, recibir os mesmos servizos e gozar do mantemento das súas infraestruturas en igualdade de condicións”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.