Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

O novo edificio xudicial de Pontevedra custará máis de 20 millóns de euros

As ofertas poderán enviarse ata o vindeiro 9 de novembro á Oficina de Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano

A edición do DOG (2 de outubro de 2015) publica a licitación das obras de construción do novo edificio xudicial de Pontevedra, despois de que esta fose aprobada onte mesmo polo Consello da Xunta.

 

As ofertas poderán enviarse ata o vindeiro 9 de novembro á Oficina de Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. Poderán entregarse fisicamente na dita oficina ou a través de correo postal.

 

O pasado mes de agosto a Xunta ratificou a aceptación dos terreos por parte do Concello de Pontevedra e agora continúa co seu compromiso de axilizar a licitación dos novos xulgados, coa intención de que as obras comecen este mesmo ano.

 

A obra do edificio xudicial da Parda está programada para ser executada nun prazo de 24 meses, sendo un dos criterios de avaliación a redución do prazo de execución. O importe de licitación é de 19,99 millóns de euros, que sumado ás direccións de obra fan un investimento total no inmoble de 20,7 millóns, un dos maiores investimentos na nosa Comunidade destinado a unha infraestrutura xudicial.

 

O futuro edificio xudicial contará con máis de 21.000 metros cadrados e espazo para 28 unidades xudiciais. Ademais, agrupará todos os xulgados dispersos agora mesmo na cidade e estará comunicado a través dunha pasarela co actual edificio de xulgados, formando un único complexo.

 

Ademais, de acordo co disposto na Lei de Racionalización e na guía para unha contratación pública socialmente responsable -aprobada hai un par de semanas pola Xunta-, no prego inclúense unha serie de cláusulas sociais para garantir condicións de traballo digno e fomentar a contratación de empresas de inserción laboral, entre outros asuntos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.