Ponteareas
O pleno de Ponteareas aproba as contas do 2014 coa ausencia do Partido Popular
A corporación desestimou as alegacións presentadas polo grupo popular e por un particular que contaban co informe desfavorable do departamento de intervención
![[Img #20949]](upload/img/periodico/img_20949.jpg)
As contas do Concello de Ponteareas do ano 2014 foron aprobadas en sesión plenaria celebrada o venres, 9 de outubro, cos votos a favor de todo o equipo de goberno municipal, a abstención do grupo municipal de Esquerda Unida, o voto en contra do grupo municipal ACiP e a ausencia, voluntaria, do grupo popular, que abandonou o salón de plenos antes de que se efectuara a votación.
A aprobación destas contas requiriu da desestimación previa de dúas alegacións presentadas por un particular e polo grupo municipal do Partido Popular. En ámbolos dous casos, o informe do departamento de intervención que acompañaba ao documento das contas do 2014, consideraba improcedentes tales alegacións.
As contas, que xa foran ditaminadas favorablemente na Comisión de Facenda e que grazas a esta aprobación plenaria poderán ser enviadas ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas para a súa análise, foron elaboradas polo anterior goberno local. O actual executivo “non comparte o criterio de gasto que se levou a cabo durante o pasado exercicio pero decide votar a favor por unha cuestión de responsabilidade e para garantir que os órganos competentes reciban a documentación nos prazos esixidos, evitando así máis bloqueos económicos”.
Devolución da liquidación do PIE do 2013
A proposta do goberno de efectuar o pagamento dos 605.436 euros á Administración Central correspondentes á liquidación do ano 2013 da participación do municipio nos tributos do Estado en 120 mensualidades, é dicir, en 10 anos, foi aprobada por unanimidade.
Axudas para o material escolar
Da sesión plenaria tamén saíu a aprobación dunha emenda a unha moción presentada polo grupo municipal ACiP sobre a creación dunha liña de axudas para a adquisición de textos e material escolar.
Dado que o informe do departamento de asesoría xurídica para sacar adiante esta moción era desfavorable por falta de competencias, a emenda verbal proposta polo goberno, en boca do alcalde, Xosé Represas, establece o compromiso de estudar unha modificación do regulamento social de emerxencia para que este contemple a dación de axudas de material escolar para familias que o precisen, ademais dunha proposta para a creación dunhas bases que permitan adquirir libros e material escolar para aquelas familias que non teñen cobertura deste tipo a través doutras administracións. A emenda contou cos votos a favor do equipo de goberno e do grupo municipal de Esquerda Unida, mentres que os grupo municipal de ACiP decidiu absterse

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149