Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O PSOE reclama que Ponteareas ingrese na Area Metropolitana de Vigo

O Grupo Municipal Socialista traballará para “conseguir unha maioría de apoio na Corporación Municipal, para a inclusión de Ponteareas na Área Metropolitana de Vigo”.

O PSOE de Ponteareas reclama a inclusión do noso concello entre os que conformarán a Área Metropolitana de Vigo “a nosa dinámica social, económica e cultural está vencellada de feito á área de Vigo, e reclamamos que esta relación sexa tamén de dereito” aeguran nun comunicado de prensa.

 

“Son múltiples as dependencias e as relacións que os cidadáns de Ponteareas temos con Vigo, moitos desenvolven a súa actividade laboral nesa urbe, moitos estudantes desprázanse diariamente a centros de ensino medio e superior, existen múltiples relacións comerciais, deportivas, sanitarias, culturais, de ocio, etc.” Explican.

 

Para os socialistas “a incorporar a Ponteareas á Area Metroploitana de Vigo, será apostar  pola mellora de servizos ós cidadáns coma o transporte público, o saneamento, as estruturas viarias, a xestión de residuos sólidos urbanos, etc. Servizos que actualmente para os ponteareáns son moi custosos ou moi deficientes ou directamente non existen. O PSOE ten defendido tanto publicamente como diante do Pleno Municipal a inclusión na área metropolitana. Os socialistas témolo reclamado reiteradamente nos últimos 12 anos, pois xa estaba prantexada esta reclamación no programa electoral socialista nas eleccións municipais do 2003. Salientar as mocións presentadas diantre do pleno municipal en 2004 e 2009,  ademais da presentada en xaneiro de 2015 en relación coa posta en marcha do transporte metropolitano, proxecto do que os cidadáns de Ponteareas quedaron excluídos pola decisión da Xunta de Galicia de Feijoo e a complicidade do anterior goberno municipal do PP”.

 

Para Delfín Domínguez Cerdeira, Secretario Xeral do Grupo Municipal Socialista, Ponteareas con 23.000 habitantes “é un dos concellos mais importantes na contorna de Vigo. As corporacións municipais existentes en 2004 e 2009 cometeron un erro histórico e deron mostra dunha gran miopía política ó rexeitar a proposta socialista de integrarnos na Área de Vigo. Hoxe, unha vez mais, os socialistas queremos subsanar esta anomalía polo que a través do Grupo Municipal Socialista trataremos de conformar unha maioría de apoio na Corporación Municipal para a inclusión do noso concello na área metropolitana de Vigo e poder corrixir a incompetencia do anterior goberno do PP, de manternos fora da mais importante estrutura supramunicipal que vai ser fundamental no desenvolvemento futuro de oportunidades para os veciños e veciñas dos concellos que a integren”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.