Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 10 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Ampliación da Exposición PAZ ANTÓN no Porriño

[Img #20961]

 

Ata o días 18 de outubro poderá visitarse a Exposición PAZ ANTON. REVISIÓNS no Centro Cultural Municipal do Porriño.  A ampliación responde  ao interese espertado pola mostra, que tamén está a recibir visitas guiadas dos colexios da zona.

 

En Revisións o artista Paz Antón (O Porriño 1957) constrúe unha serie de estampas de universo propio onde conflúen imaxes, símbolos e grafismos con tendencia a un certo onirismo e ambientacións de figuración máxica.  Revisións, o título da exposición, indica os camiños utilizados no proceso creativo que deben moito á amalgama de diversas imaxes procedentes da fotografía antiga, da etnografía, do retratismo, da cultura pop ou, especialmente, da propia historia da arte a través dos tempos.

 

Ben dun xeito explícito (as tres versións das Meninas) ou ben dun xeito mais críptico (a temática de “Susana e os vellos” de Tintoretto), as revisións teñen o ánimo de crear obrar nova onde a iconografía provoca provoca novos significados. Revisión constante, tamén, do propio proceso pictórico, das temáticas e dos sentimentos que destilan os pigmentos sobre o inicial fondo branco. E, como ven sendo habitual, as alusión sao mundo da música – a outra profesión do artista- continúan sendo unha constante no seu labor. Músicos e danzantes que tratan de superar a ausencia de son imposta pola plástica (“os coros do silenzo” que  diría o poeta Manoel-Antonio) cunha outra harmonía de formas e cores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.