Ponteareas
Represas comparte “o malestar dos veciños do Paseo Matutino”
O goberno municipal de Ponteareas aclarou que “comparte cos veciños e hostaleiros do Paseo Matutino a necesidade de humanizar a rúa e o seu malestar por non poder levar a cabo os traballos este ano”, segundo manifestou o alcalde Xosé Represas.
Nese sentido, o rexedor local explicou que "a razón pola que non se poderán executar as obras non é outra que a incompetencia do PP ao proxectar e xestionar a actuación". O actual goberno local recorda os informes técnicos e xurídicos que conclúen que a obra non se pode realizar, "unha situación coñecida dende febreiro polo anterior goberno de González Solla e silenciada durante meses". Represas lembrou que antes de anular a obra "reuninme cos hosteleiros, comerciantes e cos presidentes das comunidades de propietarios dos edificios da rúa. Explicamos a situación creada e o compromiso do novo goberno de retomar a obra".
O alcalde amosou a súa sorpresa ante as críticas feitas públicas nos medios, pois "nin sei quen as fai nin no concello recibimos ningún escrito de veciños pedindo explicacións, porque ademais xa foron dadas". Represas manifestou a súa comprensión cos veciños e hosteleiros, xa que "a min como a eles gustaríame tela executado este ano. Se non vai ser así non é porque non queiramos, senón porque non podemos legalmente como consecuencia da mala xestión do goberno anterior. A eles será a quen se deberán dirixir as críticas".
Por último Represas anunciou que se voltará reunir cos veciños e comerciantes e hosteleiros para dar de novo as explicacións e detallar as obras de mantemento que se farán, ademais dos compromisos futuros para mellorar esta rúa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149