GALICIA
A Amtega ofrece unha solución específica para entidades sen ánimo de lucro
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o 15 de outubro a oitava xornada do Programa de Formación en Software Libre para o Terceiro Sector. O Centro Demostrador TIC acollerá este xoves o seminario “CiviCRM: captación de fondos e comunicación cos grupos de interese no terceiro sector” (https://cdtic.xunta.es/CiviCRm-3er-sector) que se desenvolverá en horario de 16.30 a 19.30 horas. Este ciclo formativo enmárcase nas actividades do Programa de Voluntariado Dixital da Amtega.
Este seminario, de carácter eminentemente práctico, vai ser impartido por Alejandro Salgado, fundador iXiam, empresa con ampla experiencia no desenvolvemento e implantación de civiCRM, contando con clientes como Médicos sen Fronteiras ou Amnistía Internacional. A solución CiviCRM foi tamén empregada tanto nas últimas primarias demócratas nos Estados Unidos para as campañas de captación de fondos.
Unha solución específica para entidades sen ánimo de lucro
Neste seminario as persoas asistentes poderán coñecer as vantaxes de empregar un CRM para a innovación e a optimización dos seus procesos. O CRM é a ferramenta que permite conectar, xestionar e facer fronte a grandes volumes de información e relacións cos actuais e os potenciais socios e colaboradores de forma áxil e sinxela. Concretamente, CiviCRM é unha solución web orientada ás necesidades particulares das organizacións sen ánimo de lucro, polo que os campos e os fluxos da ferramenta están pensados para a xestión de contactos e as súas relacións e non para fluxos de vendas como no caso doutros CRM xenéricos.
Esta actividade formativa está especialmente deseñada para responsables, persoal e persoas voluntarias pertencentes a asociacións ou a entidades do terceiro sector que teñan interese na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica. Impartirá o curso Alejandro Salgado, fundador de iXiam e membro do comité de mercadotecnica de CiviCRM.
Dado que as prazas son limitadas, para participar nesta xornada cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/). A asistencia é de balde.
Actividades para o terceiro sector
Coa xornada “Aprende como xestionar a captación de fondos e a comunicación cos asociados grazas a CiviCRM” continúa o ciclo de actividades formativas dirixidas ao terceiro sector e organizadas pola Amtega en colaboración con EAPN, Rede Galega contra a Pobreza. Trátase dun total de nove actividades especialmente pensadas para este sector da economía composto por entidades sen ánimo de lucro.
Trátase dun total de nove actividades que comezaron o 10 de setembro e contaron coa presenza de máis de 120 asistentes e que finalizará o 22 deste mes cunha xornada de peche na que se relatarán experiencias de éxito no emprego do software libre.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten como obxectivo achegarlles a oferta de produtos tecnolóxicos ás empresas doutros sectores produtivos. O Centro constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.
Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutros sectores produtivos, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.
EAPN Galicia
A Rede Galega contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.
EAPN-Galicia forma parte tamén da European Anti Poverty Network, rede no nivel europeo que leva traballando de modo independente dende 1990, e está integrada en EAPN España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191