Mos
Ábrese o prazo de inscrición nun taller de risoterapia para maiores
A partires do 5 de novembro os maiores de Mos potenciarán a súa saúde física e mental por medio do riso
No seu propósito de “mellorar a calidade de vida das personas maiores”, a concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola concelleira Kely Monzón, porá en marcha un taller de risoterapia que terá lugar tódolos xoves de novembro e decembro do 2015 de 12.00 horas a 13.00 horas no Auditorio do Multiusos das Pozas.
Esta actividade é de balde, e está dirixida ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos, empadroados no Concello de Mos.
O número de alumnos será de 12 a 20, e no caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos sen actividade laboral e persoas non empadroadas en Mos.
Os interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, dende hoxe ata ó 29 de outubro.
Tamén se pode descargar a inscrición na web do Concello: www.mos.es, para posteriormente enviala debidamente cumprimentada ó enderezo de correo electrónico: omix@concellomos.es

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153