Ponteareas
Ponteareas remata as obras de reforma de varios zonas do Centro Cultural de Ribadetea
A concelleira de Vías e Obras Urbanismo, Chus Garrote, e a arquitecta municipal comprobaron in situ o estado final dos traballos de acondicionamento de varios locais desta casa cultural
![[Img #21005]](upload/img/periodico/img_21005.jpg)
O Centro Cultural da parroquia ponteareá de Ribadetea vén de rematar as obras de acondicionamento de varios locais desta instalación. Os traballos comezaron durante o pasado mes de xuño e tiñan como obxectivo reformar varias zonas desta casa cultural para o seu aproveitamento, pois até ese momento só se estaba usando de maneira efectiva unha das estancias do edificio.
Tanto a edil de Vías e Obras e Urbanismo, Chus Garrote, como a arquitecta municipal, recepcionaron as obras e puxeron as instalacións á disposición da Asociación de Veciños de Ribadetea. A concellería dirixida por Garrote fixo unha supervisión continuada da obra, recollendo e aplicando “algunhas propostas de mellora suxeridas pola propia asociación de veciños nas diferentes visitas que se realizaron ao longo destes tres últimos meses”. A concelleira asegurou que esta supervisión “será unha constante durante todo o mandato con todas e cada unha das obras que se desenvolvan na vila”.
Trátase dunha mellora que contou cun orzamento de case 68.000 euros financiados a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra. As actuacións contemplaron a modificación dalgúns tabiques de ladrillo cerámico para a creación de espazos de maior tamaño, respectando os usos que xa tiñan antes do inicio da obra.
Os traballos tamén recolleron a execución de instalacións de fontanería e saneamento, ademais da instalación eléctrica en toda a planta. Procedeuse, asemade, á cuberta dos tabiques interiores e da cara interior da fachada con proxectado de fonolita e a instalación dun falso teito con placas de xeso laminado.
As obras incluíron a instalación de elementos de iluminación en todas as dependencias e todos os traballos de carpintería que se desenvolveron no interior foron realizados con madeira de carballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149