Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 17 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos pide a declaración da Serra do Galiñeiro como Espazo Natural de Interese Local

[Img #21026]

 

O Grupo de Concelleiros de GañaMos Asemblea Veciñal  presentou una moción, para a súa discusión e aprobación, relativa á Serra do Galiñeiro, na que solicita que o Concello de Mos inicie os trámites necesarios para declarar a parte mosense da Serra do Galiñeiro como ENIL (Espazo Natural de Interese Local).

 

Ademáis piden que en colaboración coa Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro se informe aos veciños -especialmente aos de Erville e Cela- sobre a riqueza que supón o patrimonio natural e cultural que ten a Serra do Galiñeiro.

 

Tamén solicitan que se facilite o traballo de todas as entidades que conforman a plataforma co fin de conseguir o seu principal obxectivo: ‘A declaración de Parque Natural para toda a serra do Serra do Galiñeiro’.

 

Ademais alertan que a Consellería de Industria “mantén no Galiñeiro a  oferta a concurso público para a instalación dun parque eólico e no seu solo tamén se contempla a posibilidade de abrir explotacións mineiras a ceo aberto. Os veciños de Erville serían os máis afectados por estas actividades industriais, que cambiarían para sempre o uso do seu solo forestal, tendo que sufrir a contaminación ambiental, acústica e visual que estas actividades provocan” segundo sinalan nun comunicado de prensa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.