Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

A Xunta visita Salceda para coñecer as súas propostas sobre a área metropolitana de Vigo

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniuse o pasado día 16 co alcalde, Marcos Besada, e con representantes dos grupos municipais

[Img #21056]

 

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniuse o pasado día 16 co alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e con representantes dos grupos municipais da oposición para falar sobre a Área Metropolitana de Vigo.

 

Pazos Couñago destacou a “vontade de consenso” de todas as partes: Movemento por Salceda, PPdeG e PSOE, que valoraron moi positivamente o feito de que se invitase a todos os grupos para debater unha cuestión tan importante para o Concello.

 

Nese sentido, houbo un “apoio unánime á necesidade dun financiamento progresivo e a que se estableza unha achega fixa por habitante, de acordo coa postura formulada pola Xunta. Tamén foi unánime a petición da posta en marcha canto antes do transporte metropolitano, onde todos coincidiron en que se trata dunha cuestión fundamental” sinalan dende o goberno galego.

 

No tocante á Gobernanza e o voto ponderado, o representante popular foi partidario do sistema “un alcalde, un voto” mentres que o rexedor de Salceda e o representante socialista expuxeron a necesidade de buscar un sistema intermedio que garanta que todos os concellos, incluído Salceda, estean adecuadamente representados no ente supramunicipal, algo que ao seu parecer “non ocorre co voto ponderado”.

 

Con este encontro, o Goberno galego continúa a rolda de contactos cos 14 concellos que conformarán a Área Metropolitana de Vigo. De momento, o director xeral de Administración Local xa se reuniu cos rexedores de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior, así como con varios voceiros municipais destes concellos.

 

A semana que vén está previsto que Pazos Couñago continúe estes encontros nos concellos de Salvaterra do Miño e Baiona. O seu obxectivo é coñecer persoalmente as propostas e suxestións dos representantes municipais e intentar acadar o máximo consenso posible para que Área Metropolitana de Vigo bote a andar canto antes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.