Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Convocatoria para seleccionar a un técnico/a de emprego

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro venres 23 de outubro

O Concello de Tui ven de publicar na súa páxina web as bases e a convocatoria para contratar a un técnico/a para realizar accións de información, orientación e prospección de emprego. O contrato terá como duración máxima 12 meses dende o inicio da contratación. O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro venres 23 de outubro.

 

O proceso de selección constará de dous exercicios. O primeiro é obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico. Consistirá en contestar por escrito unha serie de preguntas ou cuestionarios de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa. Puntuarase de 0 a 10 e é necesario obter unha puntuación de 5 para superalo. O segundo exercicio trátase dunha proba escrita de coñecemento de lingua galega que consistirá na tradución dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que se puntuará de 0 a 3.

 

Os requisitos imprescindibles para superar a fase de baremación do currículo é o ter o título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o, ou grao e acadar unha puntuación mínima total en currículo de 5 puntos.

 

Os interesados deberán descargar da páxina web do Concello de Tui a solicitude para formar parte do proceso de selección, e achegar xunto a mesma a documentación cotexada no prazo establecido.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.