GALICIA
Terra Galega anuncia que non participará en ningunha plataforma de cara ás eleccións xerais do 20-D
O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que o partido “apoiará á forza política que defenda os intereses dos galegos e galegas”
O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que o partido non formará parte de ningunha das plataformas políticas creadas para concorrer ás eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro “se non se constitúe unha candidatura galega unitaria”. Así o acordou a formación tralas reunións mantidas nas últimas semanas con representantes dalgunhas desas plataformas. Sánchez Fojo incidiu en que “Terra Galega apoiará nos comicios xerais á forza política que defenda os intereses da nosa terra, Galicia, que necesita ter un grupo parlamentario propio”.
A dirección de Terra Galega agradece á plataforma Iniciativa pola Unión as invitacións realizadas tanto a TEGA como a outros partidos para participar abertamente nas xuntanzas mantidas “sen dirixirnos nin tapadeiras”. Así mesmo, e respecto doutras formacións, Sánchez Fojo asegurou que “non esperabamos a postura da plataforma Encontro Cidadán por unha Marea Galega, ao non invitar a ningunha forza galega que non teña representación no parlamento autonómico, porque para Terra Galega isto non é apostar por eses lazos de unidade que tanto esperan os galegos e galegas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129