Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Podemos Porriño pide estudos sobre o gas radón

O pasado, 13 de outubro, Podemos Porriño celebrou unha asemblea para recoller propostas con posibles achegas ao programa das vindeiras eleccións xerais. Falaron sobre os beneficios dunha rede de tren cercanías que consideran “fundamental e que non temos actualmente e que mentres, pola contra, nos venden as excelencias dun tren de alta velocidade moito máis caro e que non atende ás verdadeiras necesidades da cidadanía, senón aos intereses das grandes empresas que viven da obra pública”. Tamén plantexaron a situación do paso a nivel para a valoración de posibles alternativas e o estudo da súa viabilidade xurídica e económica.

 

Pero o tema estrela foi, sen dúbida, o do gas radón. “Trátase dun elemento con concentracións moi importantes en elementos como o granito. O chan das casas e os materiais cos que se constrúe son as súas principais fontes, tamén a auga pero en menor medida. Galicia é un lugar de risco de contaminación por radón pola composición do seu solo. A exposición a este elemento é un dos factores ambientais con máis peso na aparición de cancro pulmonar en persoas non fumadoras. Como explican no Laboratorio de Radón de Galicia, pertencente á Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago, isto pasaría por aíllar o chan nas vivendas en construción e establecer mecanismos de ventilación nas xa existentes, entre outras posibilidades”.  Lonxe de xerar alarma cren necesario “un estudo da situación concreta da nosa zona para unha información correcta á veciñanza e a aplicación de medidas preventivas e/ou correctivas, polo que traballaremos  para a súa incorporación aos programas estatal e autonómico”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.