Salceda de Caselas
Seis concellos reúnense en Salceda para exixir melloras no protocolo de actuación da ‘Vespa Velutina’
![[Img #21094]](upload/img/periodico/img_21094.jpg)
O pasado xoves 15, o salón de Plenos do Concello de Salceda de Caselas, acolleu a presencia de diversos concellos das Comarcas de Louriña e Paradanta para falar sobre o elevado grado de afectación que está a ter a ‘Vespa Velutina’ nos concellos que o conforman.
A expansión desta especie e o incremento da poboación é algo que preocupa de cara a seguridade cidadá, apicultores e sistemas de producción agrícola-forestal, e sobre todo de cara a eficiencia dos métodos de destrucción e retirada dos niños que se está a desenvolver por parte da empresa adxudicataria.
“Estanse a probar métodos eficientes de combate que a Consellaría podería incluir, xunto co sistema de trampas, ademáis débese mellorar o sistema burocrático de actuación xa que está a ser un procedemento non efectivo, que conleva a unha ralentización do servizo” aseguran nun comunicado.
Entre os Concellos asistentes á reunión estaba As Neves, Mondaríz, Ponteareas, Salvaterra, A Cañiza, Salceda de Caselas e a Agrupación Apícola de Galicia da zona de Pontevedra, da que se concluíu na petición dunha entrevista coa Conselleira Ángela Vázquez Mujica e na elaboración dun documento de petición de melloras á Consellaría de Medio Rural, para poder mellorar a eficiencia do servizo, que na actualidade “é deficiente”, e previndo que “de cara ao ano que ven é probable que aumente a poboación da especie, puidendo ser na etapa de marzo (etapa coincidente coa elaboración dos niños) o mes no que se comeza a visualizar e a incrementar de novo a presencia da especie” aseguran.
Os participantes aseguraron que continuarán “a traballar a partir desta primeira reunión, para que se tomen as medidas oportunas de combate a esta especie e poder controlar as súas poboacións. É moi importante unir forzas e ideas para mellorar o sistema de desactivación dos niños, e sobre todo poder exixir aos organismos competentes o desenvolvemento das súas función”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115