GALICIA
A CIG-Industria anuncia mobilizacións en demanda dun convenio galego do Metal
![[Img #21103]](upload/img/periodico/img_21103.jpg)
Delegados e delegadas do sector do Metal da CIG mobilizaranse -o vindeiro mércores, día 21 de outubro, en Compostela- en demanda do desbloqueo das negociacións dos convenios provinciais, caducados, no caso de Lugo e Ourense, desde 2012, e no caso de Pontevedra e A Coruña desde finais de 2014. Así o anunciou en rolda de prensa o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, quen avanzou que a CIG demandará ademais un convenio galego para unificar as condicións laborais, salariais e sociais de todos os traballadores/as do sector.
A manifestación está previsto que saia da Alameda compostelá contra ás 11:00 horas para dirixirse primeiro á Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), onde farán entrega dun escrito no que se recollen estas demandas. A marcha continuará despois cara o Consello Galego de Relacións Laborais, onde tamén entregarán un escrito no mesmo sentido e en demanda de que este organismo inste a pular por un convenio galego do sector.
Segundo explicou o secretario nacional de CIG-Industria, os convenios do Metal paralizados afectan a máis de 52.000 traballadores/as (3.500 de Lugo; 4.700 de Ourense; 20.000 da Coruña e 24.000 de Pontevedra) de máis de 10.000 empresas.
Bouzas denunciou o “pasotismo total” das patronais de Ourense e Lugo, onde sinalou que non se produciron, desde que caducaron os convenios en 2012, máis de 2 ou 3 xuntanzas so pretexto, por parte da patronal, da situación de crise e de que había que agardar a que se aprobaran as reformas laborais. “Unha vez se fixo a reforma laboral, agora o que vemos na patronal é unha negativa á hora de negociar os convenios colectivos”.
Lembrou que por parte das centrais sindicais se insistiu na necesidade de que os traballadores/as tiveran incrementos salariais, para que puideran recuperar o seu poder adquisitivo e mellorar as condicións laborais, pero que “non houbo xesto ningún sequera para sentar a negociar”.
Ademais sinalou que a patronal de Ourense quere abrir a posibilidade de que se traballe en sábados e que a parte social, en Lugo, que se inclúa a subrogación dos traballadores/as das subcontratas, que agora non está garantida, en convenio.
Xunto a isto chamou a atención sobre o feito de que antes os convenios si tiñan cláusula de revisións salarial e a entrada en vigor era a principio de ano. “Agora entran en vigor ao día seguinte da súa sinatura, ou ao día seguinte da súa publicación no DOG”.
Isto está provocando que pasen os meses sen que haxa incrementos salariais. Por iso considerou imprescindíbel conseguir chegar a acordos para que as táboas salariais se actualicen e os traballadores/as non perdan poder adquisitivo mentres non se asinan os novos convenios. “Estamos falando dun colectivo moi importante que repercute tamén na recuperación económica do conxunto do país”.
Convenio de Pontevedra como ‘avanzadilla’
No caso do convenio de Pontevedra, Manuel Simón, membro da Executiva da CIG-Industria e responsábel nacional de Negociación Colectiva, explicou que aquí si houbo até 16 reunións coa patronal pero que a súa pretensión é “impor a reforma laboral” servindo ademais como ‘avanzadilla’ para todos os demais e provocando un importante retroceso en dereitos recoñecidos desde hai anos.
A isto engadiu que xa houbo algún acordo asinado por CCOO e UGT en 2012-2013 referido á distribución irregular da xornada que empeora mesmo o que di a lei. “Incluíron un artigo segundo o que se pode preavisar con tan só dous días de antelación en caso de urxencia, cando a lei di que tería que ser con 5. Hai sentenzas que lle quitan a razón pero nin sequera queren facer o que manda a xustiza, até tal punto queren imporse” asegurou.
Outra das demandas da patronal é incluír as ETTs para o que queiran, cando está regulado en convenio que só se poida recorrer a elas para substitucións, baixas e vacacións. Xunto a isto pretende rebaixar a penalización por contratación eventual de 20 a 12 días e que esta se pague ao final; ampliar o período dos contratos de formación de 24 a 30 meses para traballadores/as de 16 a 30 anos, cando até o de agora era de 16 a 20 anos e un incremento salarial de tan só o 0,5% pero a partir da sinatura do convenio, ou sexa, sen atrasos.
Parálise no convenio da Coruña
Pola súa banda Pepe Maio, responsábel de negociación colectiva da Coruña e membro da Executiva da CIG-Industria explicou que a vixencia do convenio provincial da Coruña caducou en decembro de 2014. Prevendo esta situación constituiuse a Mesa negociadora en setembro do ano pasado. “Non se volveu a reunir até o 26 de maio deste ano e foi a instancia das centrais sindicais. Transmitimos que antes do inicio do verán había que pór en marcha a negociación. A patronal non di nin que si nin que non, só que vai ser complicado porque a esa altura non tiñan aínda unha plataforma”.
O resultado é que aínda non houbo ningunha outra xuntanza. “Falando dun convenio que se lle aplica a máis de 20.000 traballadores/as na provincia pensamos que é unha situación o suficientemente grave como para que a isto lle haxa que dar unha contestación pública”, afirmou Maio.
Convenio galego do sector
Diante deste panorama a CIG reclamará, na manifestación do mércores, que se homoxeneicen as condicións de traballo. En palabras do secretario nacional da CIG-Industria “ir a un único convenio galego do Metal que permitiría unificar as condicións laborais e salariais dos traballadores/as do sector, para que non haxa discriminación entre uns e outros, e evitar a competencia desleal entre empresas de diferentes provincias onde os salarios son máis baixos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129