Mos
Mos celebra o Día da Biblioteca con teatro e un obradoiro de repostería
A compañía Calavera presenta “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”o vindeiro sábado, data na que tamén se celebrará un taller infantil de pasta de azucre
![[Img #21125]](upload/img/periodico/img_21125.jpg)
A concellería de Cultura que dirixe a edil Sara Cebreiro organiza varias actividades incluídas na programación con motivo do Día Internacional da Biblioteca. Ambas iniciativas corren a cargo da compañía Teatro Calavera, especializada en espectáculos e obradoiros infantís.
Teatro Calavera presenta este sábado, 24 de outubro, de 18.00 horas a 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Mos, con motivo do Día da Biblioteca, unha romántica historia de amor chamada “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”; ademais dun obradoiro de pasta de azucre, durante o que os nenos estimularán a súa creatividade e o seu talento culinario, aprendendo a decorar magdalenas.
Estas actividades son de balde para todos os cativos que queiran participar e requiren inscrición previa ata o 23 de outubro no teléfono da Biblioteca: 986338080.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106