Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Patricia Martínez acada o duodécimo Campionato de España de Baile Deportivo

[Img #21129]

A bailarina mosense Patricia Martínez ven de proclamarse a pasada fin de semana, e xa por duodécima ocasión, Campiona de España de Baile Deportivo tanto de Clubs como de Autonomías, na categoría de Adultos modalidade Standard, xunto coa súa parella Adrián Esperón.

 

Precisamente para felicitala por este recente logro achegáronse onte mércores a visitala ó CEIP de Petelos o alcalde P.D. de Mos e edil de Deportes, Alberto Méndez, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón.

 

Martínez impartiu nos colexios de Atín e Petelos ós alumnos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria a actividade titulada ‘Descobre o baile deportivo’ promovida polo departamento municipal de Educación e Participación Cidadá.

 

Os representantes municipais declararon que “dende o Concello de Mos preténdese dar a coñecer o valioso traballo da xa doce veces campiona nacional Patricia Martínez, que a través da súa experiencia amosa aos nenos e nenas de Mos un recurso co cal desenrolar habilidades deportivas, dende as diferentes modalidades de baile, e habilidades persoais, a nivel relacional e individual”.

 

O baile deportivo para nenos e nenas converteuse nunha nova disciplina que cada vez ten máis cabida nas escolas de danza. A través desta práctica, os/as máis pequenos/as exercitan o seu corpo, desenvolven a súa mente e pasan momentos divertidos xunto os/as seus/súas compañeiros/as.

 

Algo tan sinxelo como bailar, axuda a reducir o estrés nos/as máis pequenos/as, que descargan a súa enerxía e chegan a casa moito máis relaxados. Todo o que engloba a danza convértea nunha actividade que mellora de forma notoria a autoestima e a perseveranza deles/as. Ademais de aprender a ser capaz de superarse e conseguir obxectivos, algo que tamén pode aplicar a súa vida diaria, xa que aprenden a esforzarse polas cosas que de verdade desexan.

 

A finalidade desta actividade, é pois, presentar e promover o deporte, así como expandir a idea do baile como un hábito que permite unha mellor saúde física e unha mellora das relacións sociais.

 

Grazas á valiosa colaboración de Patricia Martínez que guiou esta proposta durante tres sesións de 50 minutos cada unha, os cativos participantes puideron coñecer de primeira man os beneficios do baile deportivo que non son outros que un gran potencial educativo e deportivo, a aprendizaxe de valores sociais básicos como son: a tolerancia, o respecto, os hábitos saudables, a importancia das relacións sociais e a boa convivencia, etc., o aumento da propia autoestima e da perseveranza na consecución de metas; e a creación de espazos de relación entre o alumnado, potenciando a interacción social entre eles/as a través do baile.

 

A actividade dirixiuse ó alumnado dos primeiros cursos de Primaria coa pretensión de implementar esta iniciativa con alumnado de menor idade para valorar como funciona con eles e considerar que as problemáticas de hábitos sedentarios están comezando a aparecer en idades cada vez máis temperás.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.