Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os socialistas de Mos organizan unha charla informativa

A charla, organizada polo PSdeG-PSOE de Mos contará ca colaboración de especialistas de Unións Agrarias e tratará sobre a prevención de riscos laborais para pequenas explotacións agrogandeiras e produción destinada ó autoconsumo en Mos. Máis do 90% do aproveitamento agrario e gandeiro local é para o autoconsumo, pero pretendese afianzar os coñecementos dos veciños no uso de produtos de esta categoría, para garantir a seguridade tanto do manipulador coma do medio ambiente, ensinando a aplicar as doses adecuadas e a posterior eliminación dos envases.

 

[Img #21130]Dirixida a todo o público en xeral, a partires das 9:00 da maña do vindeiro sábado, darase contestación as dubidas dos veciños e de por en claro as obrigas recollidas no Real Decreto 1311/2012 de 14 de setembro polo que se establece o marco de actuación para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Un dos seus aspectos máis controvertidos e o chamado carne de manipulador (aplicador) e a inscrición no rexistro de produtores, sen o cal, as tendas destes produtos non poderán dispensar os usuarios as cantidades habituais de insecticidas, sulfatos e herbicidas, aínda sendo para uso particular.

 

A nova normativa entra en vigor o próximo mes de novembro. Os socialistas consideran parte da súa labor facer chegar as respostas correctas os problemas concretos dos veciños de Mos. “E un ruxe ruxe, que o goberno non é quen de solucionar. Máis do 90% da produción agrogandeira deste concello e para o autoconsumo, e aínda non sendo o principal obxetivo regulador o control de estas explotacións, os veciños de Mos si se verán afectados por unha medida que entre outras cousas restrinxirá a cantidade de sulfato que poden comprar de cada vez e a cantidade que poden levar preparada na máquina de sulfatar”, comenta o voceiro socialista, Alfonso Parada, “estamos pechando datas e lugares para celebrar os cursos preparatorios para obter a certificación oficial ou carné de manipulador, para aquelas persoas que por exemplo aplican con carretillas sulfatadoras”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.