Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Imaxinación e espontaneidade, ingredientes principais da colección “El arte de ensoñar” de Aida Pérez

[Img #21137]

 

Onte martes día 20 de outubro inaugurouse a exposición “El arte de ensoñar” da artista viguesa Aida Pérez Fernández, que se poderá ver ata o 3 de novembro na Sala de Exposicións da Área Panorámica. A colección está composta por 44 cadros onde prima a imaxinación, espontaneidade e a creatividade da pintora, a través de 4 series de lenzos “El arte de ensoñar” e “Musas”.

 

Á presentación acudiron a concelleira de Cultura, María José González, a responsable da organización da exposición, Helena Rodríguez e a artista e autora da mesma Aida Pérez.

 

Aida Pérez explicou que todos os cadros foron pintados durante o 2014 e neste ano 2015. Indicou a artista que a selección “El arte de ensoñar” xorde da impronta e da imaxinación e mostra a relación harmónica entre cor e forma representando o seu mundo interior, utilizando unha linguaxe abstracta grazas a técnicas modernistas de vangarda. Pola contra, a colección “Musas”, é máis realista  e amosa temáticas culturais, como o cine, a escultura ou a literatura a través de mulleres.

 

A través de cada cadro único e diferente, a autora amosa un rexistro das sensacións máis íntimas e persoais, baseándose nos soños. A colección de pinturas poderase ver en horario de 10h a 14h e de 17h a 20.30h na Sala de Exposicións da Área Panorámica.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.