Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 24 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O BNG de Salceda pide unha baixada do IBI

Os nacionalistas consideran que “tanto o goberno municipal como o goberno do PP so están preocupados en subir a presión fiscal no Concello de Salceda de Caselas".

O BNG de Salceda de Caselas rexistrou hoxe unha iniciativa no Rexistro do Concello de Salceda de Caselas referente aos recibos do IBI ( Imposto de Bens Inmobeis). Na mesma solicitan que se modifique a ordenanza fiscal do IBI  para establecer un índice sobre o valor catastral dun 0,40 % (na actualidade está nun 0,53 %) así mesmo tamén consideran que se deben incluír bonificacións en función das rendas dos contribuíntes.

 

O BNG, ante a actualzación dos valores catastrais, solicitada polo concello de Salceda de Caselas, e levada adiante polo goberno do estado a través da Xerencia do Catastro de Pontevedra, considera que “tanto o goberno municipal como o goberno do PP so están preocupados en  subir a presión fiscal no Concello de Salceda de Caselas. Consideramos a actitude do Partido Popular de Salceda de Caselas de hipócrtita porque agora poñense detras da pancarta para demandar rebaixas no IBI cando eles aplicaron e defenderon as distintas Leis de acompañamentos dos Orzamentos Xerais do Estado que obrigaron aos concellos a subir os índices ao 0,60 % para o 2013 3 2015”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.