Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

A venda de parcelas na Plisan comezará o vindeiro ano

Este mesmo ano iniciarase a promoción comercial da Plataforma Loxística e as empresas demandantes de parcelas poderán beneficiarse da posibilidade de acceder á superficie empresarial a través do dereito de solo ou da concesión administrativa

[Img #21140]

 

A venda de parcelas na PLISAN comezará o vindeiro ano mediante unhas condicións vantaxosas que atraerán a instalación das empresas en 2017. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, supervisou este mércores o inicio dos traballos de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves.

 

Nesta visita tamén estiveron presentes os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e Pontevedra, José Manuel Cores Tourís;  a delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; e os alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves, Arturo Grandal e Xosé Manuel Rodríguez.

 

Este mesmo ano iniciarase a promoción comercial da Plataforma Loxística e no próximo exercicio as empresas demandantes de parcelas poderán beneficiarse de condicións atractivas que inclúen a posibilidade de acceder á superficie empresarial a través do dereito de solo ou da concesión administrativa.

 

O comezo das obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais certifican que o avance e o desenvolvemento da PLISAN é xa un feito incuestionable que non ten volta atrás. Neste sentido, esta infraestrutura está chamada a ser a área loxística de referencia do sur de Galicia.

 

As obras de urbanización teñen un prazo de execución de 18 meses e contan cun investimento de 13,5 millóns de euros, que serán financiados polos tres organismos que participan no proxecto: Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca de Vigo.

 

Os traballos de urbanización da primeira fase que hoxe comezan deixarán habilitada a zona máis próxima ao enlace coa autovía e darán servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da plataforma.

 

No que se refire ás características técnicas desta actuacións, cómpre destacar que a lonxitude do viario e das conducións superan os 3.700 metros lineais; a superficie do vial pasa dos 110.000 metros cadrados (entre zonas de circulación, beirarrúas e medianeiras axardinadas); e as zonas verdes do borde da vía ocupan unha superficie total de preto de 200.000 metros cadrados.

 

Na actualidade estanse a realizar os traballos técnicos previos á licitación das obras de construción das estacións depuradora e potabilizadora de augas, para garantir estes servizos ás empresas que se establezan. Estas actuacións contarán cunha achega próxima aos 6,4 millóns de euros.

 

A vontade compartida polas tres administracións é lograr que a plataforma loxística e industrial Salvaterra-As Neves, á que se destinarán máis de 20 millóns de euros, se converta, canto antes nun polo de atracción de empresas que contribúan ao dinamismo económico de Galicia e a xerar emprego e riqueza na comunidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.