Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 24 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O último venres de cada mes haberá descontos do 15% no Porriño

Os sectores de confección, complementos, zapatería, roupa deportiva, xoiería, etc… son algúns dos que participarán nesta campaña que xa ten un importante número de establecementos adheridos.

[Img #21163]

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” porán en marcha o vindeiro venres 30 unha campaña para realizar o último venres de cada mes un importante desconto do 15% aos consumidores que ese día realicen as súas compras.

 

Trátase dun novedoso formato de atracción ao consumo que pretende potenciar as vendas dos establecementos adheridos á campaña cun importante desconto incentivando con elo a actividade comercial.

 

A campaña, que arranca este mes de outubro, ten vocación de permanencia agás nos meses nos que existan outras campañas como as rebaixas, e permitirá ao comercio do Porriño gañar relevancia metropolitana con este atractivo que agardan consolidar e “por de moda” para que os consumidores poidan beneficiarse deste importante desconto.

 

Os  sectores de confección, complementos, zapatería, roupa deportiva, xoiería, etc… son algúns dos que participarán nesta campaña que xa ten un importante número de establecementos adheridos.

 

Nos vindeiros días, a campaña será presentada en prensa para dar a coñecer con detalle os establecementos e outros pormenores da mesma.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.