Tomiño
Liberan a un home tras impactar co seu coche contra un poste de alumeado público en Tomiño
Os efectivos do GES de A Guarda liberaron esta mañá a un home que quedara atrapado no vehículo que conducía tras sufrir un accidente de tráfico en Tomiño. Por circunstancias que se descoñecen, o varón impactara contra un poste de alumeado público que caera, posteriormente, sobre o turismo. Unha vez liberado e accesible, o ferido foi atendido no punto por persoal sanitario. O CAE 112 Galicia recibía a alerta dos axentes da Garda Civil de Tráfico minutos antes das 08:00 horas de hoxe. De seguido, informouse aos efectivos do parque comarcal do Baixo Miño, GES de A Guarda, Protección Civil de Tomiño e Urxencias Médicas. O suceso aconteceu na PO-552, na coñecida como recta do hospital, na parroquia de Tebra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191