O Porriño
Marcelino Coto: "O noso obxectivo é recuperar O Porriño para os veciños"
![[Img #21170]](upload/img/periodico/img_21170.jpg)
Desenrolar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) é a primeira e máis importante laboura que debe acometer, este mandato, o concelleiro de Urbanismo, Comercio e Industria do Porriño, Marcelino Coto. O plan, aprobado hai 12 anos “ten que adaptarse ao Lei do Solo de Galicia”, algo para o que o concelleiro buscará “o consenso con todos os partidos municipais, dado que un plan xeral ten que ser o proxecto no dun goberno, senon de toda unha corporación”.
Neste momento, o pantexamento inicial da adaptación do mesmo xa recibiu o visto bo do Goberno de Galicia e “agora é o momento de iniciar as conversas entre os grupos municipais e buscar o acordo moi amplio”.
Tamén subliña como esencial que o Ministerio de Fomento ceda ao Concello o treito de la N-120, dende o núcleo de Cans, “estamos falando dun núcleo importante no que calquera veciño que queira acometer unha obra ten que solicitar autorización do ministerio, isto e un contrasentido e un atranco para o desenrolo desta parte do concello”. A solicitude desta cesión levarase a Pleno o vindeiro mércores, día 28 e, máis adiante a petición de que a parte da N-550, á altura de Carracido, pase a ser, tamén de titularidade municipal.
Ademáis, o novo goberno, como xa adiantou a alcaldesa, Eva García de la Torre, quere afrontar, de forma definitiva, a solución do paso do tren, “e facelo de xeito que posibilite a integración do casco de Torneiros co do centro o que é esencial”.
Marcelino Coto aposta por un urbanismo “que pensé nos veciños e, non como ata o dagora, nas especulación… aquí practicouse o terrorismo urbanístico, necesitamos zonas verdes, prazas, un Porriño aberto que, son moi consciente de que é unha laboura para moitos anos e que temos que empezar a desenrolar”.
Un bo exemplo delo podería se a planificación, na Ribeira de Louro, dun gran parque de ocio, preto de Frigolouro, “onde esperamos facernos cunha importante cantidade de terreo que permita dispor de pistas ao aire libre, unha zona de deporte, para as familias, que sexa un sinal de identidade de Porriño”.
Polo que se refire ao eido industrial, Coto recoñece que Porriño “está forte, moi forte” e que aos polígonos públicos de A Granxa e As Gándaras, súmanse outros de iniciativa privada que, ou ben está xa completamente desenrolados, ou empezan agora a despegar. Este é o caso do Ppi 7, “cun nivel moi alto de ocupación”; o Ppi 6, “que está totalmente urbanizado en no que xa se están a instalar media ducia de empresas”; o Ppi-2, onde están funcionando varias empresas, algunhas da importancia de Aimen; o Ppi-5, que empeza a nutrirse de firmas e o Ppi-1, en Cataboi, “do que se debatirá no vindeiro Pleno para autorizar o seu desenrolo”.
O concelleiro tamén subliña o acerto da colaboración entre o Concello e o Clúster do Granito, que “é un dos sinais de Porriño, cunha proxección nacional e internacional de primeira magnitude, cunha presenza en prácticamente todos os lugares do mundo” . Hai que lembrar a recente xuntanza da alcaldesa co presidente do clúster para iniciar unha colaboración na formación para a creación de postos de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149