A LOURIÑA
Dan comezo as obras de adecuación e mellora da seguridade no tramo Vigo-Porriño da A-55
O investimento total nesta actuación ascende a preto de 6,5 millóns de euros
![[Img #21183]](upload/img/periodico/img_21183.jpg)
O secretario de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda, Julio Gómez-Pomar, asistiu hoxe en Mos ao acto de inicio das obras de adecuación e mellora da seguridade viaria do tramo Vigo-Porriño da autovía A-55, acompañado polo alcalde mosense en funcións, Alberto Méndez, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, entre outras autoridades.
O secretario de Estado sinalou que esta estrada é o principal acceso ao centro de Vigo desde a Meseta e Portugal e que soporta unha intensidade de tráfico moi elevada, cunha media de 60.000 vehículos diarios e un volume moi considerable de vehículos pesados. Por iso, nos últimos anos leváronse a cabo unha serie de actuacións de mellora de interseccións, do firme e de vías de servizo, así como o repintado de marcas viarias en todo o tramo e de actualización e reforzo da sinalización e o balizamento.
Novas actuacións
O obxectivo destas novas obras é mellorar de maneira substancial as condicións de todo o tramo e reforzar a súa seguridade. Deste xeito, plantéxanse actuacións en múltiples puntos da autovía A-55 comprendidos entre os PP.KK. 3+000 e 13+000, nos termos municipais de Vigo e Mos.
Principalmente melloraranse as condicións xeométricas dos accesos existentes, con ampliacións de lonxitudes de carrís de aceleración e deceleración, ou carrís de trenzado entre entradas e saídas consecutivas que permitan canalizar os movementos dunha forma máis adecuada. Así mesmo, reordenaranse e limitaránse accesos á autovía, co obxecto de mellorar as condicións de explotación da estrada e a seguridade viaria.
Xunto a iso, actuarase sobre a sinalización, horizontal e vertical, e sobre o balizamento dos tramos afectados. O investimento total, incluídos o orzamento das obras, as expropiacións e indemnizacións necesarias e a conservación do patrimonio histórico, ascende a 6.458.868 euros.
Unha autovía de novo trazado
O secretario de Estado avanzou que a medio prazo está prevista a construción dunha autovía de novo trazado co deseño, as características e a homoxeneidade da Autovía das Rías Baixas entre Benavente e Porriño. Neste sentido, sinalou que se fará un novo estudo no subtramo comprendido entre a Ligazón de Porriño e a Ligazón de Mos a fin de proxectar un trazado que minimice as afeccións.
Pasarela de Amieirolongo
Durante a súa intervención, Gómez-Pomar referiuse tamén a que se está ultimando a redacción do proxecto da Pasarela Peonil de Amieirolongo, na ligazón do punto quilométrico 306 da A-52 coa Nacional 550. Neste punto, engadiu que o Ministerio se está coordinando co Concello, que poñerá a disposición os terreos necesarios para levala a cabo. O orzamento é de 130.000 euros.
Investimento en Pontevedra
O investimento do Ministerio de Fomento nas estradas de Pontevedra nesta lexislatura ascende a 226 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180