Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 27 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
As Neves

A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal na localidade das Neves

O lume afectou a unha superficie aproximada de 2.000 metros cadrados de piñeiros

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Vigo informaron esta mañá da imputación dun veciño das Neves como presunto autor dun incendio forestal neste concello pontevedrés.

 

O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de Rubios, no concello de As Neves coma consecuencia dunha queima de restos agrícolas nas inmediacións de montes de piñeiros, nas que non se adoptaron as medidas regulamentarias preceptivas. O lume afectou a unha superficie aproximada de 2.000 metros cadrados de piñeiros.

 

Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución numero 1 de Ponteareas. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 68 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.