Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Protección Civil de Ponteareas xa dispón dun novo todo terreo

[Img #21208]

 

O Concello de Ponteareas xa conta cun novo todo terreo, modelo pick up, que será utilizado polo corpo de Protección Civil de Ponteareas e destinado a labores de emerxencia, protección civil e prevención de riscos.

 

Trátase dunha concesión realizada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, órgano dependente da Xunta de Galicia e que recentemente comunicou a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, para municipios de menos de 50.000 habitantes.

 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, mostrouse moi satisfeita pola “incorporación dun vehículo que axudará a que o corpo de protección civil teña máis medios á súa disposición e que repercutirá, directamente, nunha mellora da seguridade da veciñanza da vila”.

 

O PP agradecido

O portavoz do PP local explicaba nun comunicado que "este vehículo todoterreo sumase á outra pick-up entregada na anterior lexislatura ao servizo de bombeiros municipal, e agradece á Dirección Xeral a entrega deste vehículo a vez que aproveita para agradecer tamén o traballo diario de todos os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Ponteareas". Así mesmo, Salvador González Solla afirmaba que "con esta nova adquisición o goberno anterior do PP cumpre así o compromiso adquirido no mes de febreiro coa Agrupación Local de Protección Civil de acadar este novo vehículo para o desempeño das súas actividades diarias".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.