Provincia
O xove emprendedor Pablo Alberte gañador do programa Yuzz
O proxecto consiste na construción dun vehículo aéreo por control remoto denominado Viking
![[Img #21210]](upload/img/periodico/img_21210.jpg)
Viking, un vehículo aéreo por control remoto completamente distinto aos dispoñibles no mercado e que pretende revolucionar o sector pola súa autonomía e versatilidade é a denominación que o mozo emprendedor vigués Pablo Alberte utilizou, dentro do seu proxecto Wuav, para alzarse coma gañador do centro de Vigo do proxecto Yuzz para a promoción do talento xuvenil e o espírito emprendedor.
O proxecto gañador obtivo unha praza para viaxar esta mesma semana, do 29 de outubro ao 5 de novembro, a Silicon Valley, a meca da innovación mundial, xunto aos outros 40 participantes máis brillantes da actual edición de Yuzz. Este programa de ámbito nacional está dirixido polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander, a través da súa división Global Santander Universidades e a colaboración da Xunta de Galicia.
O xurado seleccionou este proxecto como o mellor do centro de Vigo, ubicado na Oficina de Apoio ao Empregador na Gota de Leche, onde durante 5 meses, un total de 8 mozos e mozas emprendedores traballaron e finalizaron a concreción das súas ideas empresariais co apoio da Xunta de Galicia.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu esta mañá ao acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes que remataron o programa. E felicitounos e animounos para que sigan a emprender e a innovar porque “unha pequena decisión ou idea pode levar a un cambio revolucionario”, díxolles.
Durante a súa visita a Silicon Valley, os gañadores de toda España poderán visitar empresas coma Google, LinkedIn, Facebook ou Hewlett Packard ademais de recibir unha ponencia na Universidade de Standford. O seu obxectivo é inspirar aos mozos e mozas emprendedores a acelerar o seu desenvolvemento e fomentar a innovación, ofrecéndolles conexións para o proceso de internacionalización das súas empresas tecnolóxicas e innovadoras. Con estas visitas, os gañadores terán a oportunidade de coñecer as conexións de negocio entre España e Estados Unidos, descubrir como innovan estas startups xa consolidadas e aprender a crear unha rede de contactos e presentar a idea de negocio a inversores neste núcleo tecnolóxico.
Logo de que regresen de Silicon Valley, o 6 de novembro, os gañadores deberán presentar as súas ideas ante un xurado integrado por representantes de Banco Santander, CISE, e entidades colaboradores do programa Yuzz. Seleccionaranse así os tres mellores proxectos, que recibirán unha dotación económica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros respectivamente para que poidan desenvolverse.
Viking, un vehículo aéreo por control remoto
O proxecto Wuav que desenvolveu Pablo Alberte trata da construción do primeiro vehículo aéreo por control remoto que denomina Viking. As súas autonomías superan os 70 minutos en voo e varían en función da carga transportada. Con seguemento por GPS pode utilizarse en calquera lugar do planeta para percorrer un traxecto de forma automática, sen necesidade presencial dun operador. Viking, de 8 quilos de peso e catro motores de combustión desenvolve 15 cabalos de potencia e é o primeiro vehículo de WUAV que é capaz de levantar incluso máis de 25 quilos de peso e transportalos a longas distancias.
Ata o de agora, os únicos drons comercializados destínanse principalmente ás videofilmacións, sen ter practicamente outras utilidades. Existen diferentes modelos, tamaños e deseños, pero todos baixo unha limitación máxima de carga e tempo de voo. Os modelos máis capaces teñen autonomía para sustentarse no aire 15 minutos, sendo así mínimo o seu radio de acción. Viking supón un enorme avance, grazas as súas altas capacidades e maior autonomía.
Yuzz, unha aposta pola innovación
O proxecto Yuzz iniciouse en 2009, cun centro en Barcelona e Madrid, como un viveiro tecnolóxico de grandes ideas. Actualmente, chega a 41 centros de toda España e, no caso de Galicia, conta con 3 centros en Vigo, Santiago e A Coruña.
Durante os cinco meses de duración, Yuzz facilita aos seleccionados o apoio necesario para desenvolver as súas ideas: unha rede de máis de 200 expertos profesionais, formación empresarial, asesorías, titorías personalizadas, e unha plataforma de traballo colaborativo en liña, para que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149