GALICIA
Saúde confirma que o resultado da primeira analítica do paciente con sospeita de posible infección por ébola é negativo
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade confirma que o resultado da primeira analítica feita ao paciente con sospeita de estar infectado polo virus do ébola é negativo.
Mañá se enviarán novas mostras ao Centro Nacional de Microbioloxía en Majadahonda, Madrid, para obter novos resultados que previsiblemente se coñecerán o venres.
No caso de que esta segunda analítica tamén dea resultado negativo, poderá descartarse completamente a sospeita de infección polo virus do ébola, unha vez se cumpren os criterios establecidos polos protocolos que prevén dous analíticas negativas.
Mañá, xoves 29 de outubro, comparecerán ás 11h da mañá no Hospital Meixoeiro Xurxo Hervada, subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, e Víctor del Campo, xefe de servizo de Medicina Preventiva do Chuvi, para informar da evolución do paciente con sospeita de infección polo virus do ébola.
A Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública agradecen aos profesionais tanto do Chuac como do Chuvi, do 061 e o Sistema de Alertas Epidemiolóxicas de Galicia (SAEG) a súa xenerosidade e imprescindible colaboración, así como aos seus correspondentes equipos directivos, grazas a todos os cales é posible manter a alta calidade asistencial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103