Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Máis de 30 establecementos participan dende mañá na campaña “Venres por 15%” de ACIPOR

[Img #21231]A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Dona Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, compareceron hoxe para informar  do inicio mañá  venres 30 da campaña “VENRES x 15%”. Unha iniciativa de promoción comercial que de desenvolverá os últimos venres de cada mes no que os establecementos adheridos realizará un importante desconto do 15% aos consumidores que ese día realicen as súas compras.

 

Trátase dun novedoso formato de atracción ao consumo similar aos Black Fridays do marketing anglosaxón, que pretende potenciar as vendas dos establecementos adheridos á campaña cun importante desconto durante un día sinalado cada mes, incentivando con elo a actividade comercial.

 

A campaña, que arranca este mes de outubro, ten vocación de permanencia agás nos meses nos que existan outras campañas como as rebaixas, e permitirá ao comercio do Porriño gañar relevancia metropolitana con este atractivo que agardan consolidar e “por de moda” para que os consumidores poidan beneficiarse deste importante desconto.

 

Sector confección, sector complementos, zapatería, roupa deportiva, xoiería, etc… son algúns dos sectores que participarán nesta campaña que xa ten máis de 30 establecementos adheridos á campaña.

 

Os interesados poden consultar os establecementos adheridos visitando a web do Centro Comercial Aberto Morea www.ccamorea.es

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.