Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 30 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os alumnos do Obradoiro de Emprego imparten un taller a nenos de Educación Infantil

A actividade desenvolveuse no Colexio de Petelos como parte do programa do Obradoiro ‘Mos coa Mocidade’, do que se benefician mosenses desempregados menores de 25 anos

[Img #21243]

 

Os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego dirixido á xuventude, ‘Mos coa Mocidade’, realizaron esta mañá a primeira actividade en colaboración coa concellería de Educación e Participación Cidadá, consistente nun taller de maquillaxe de Samaín para os 60 cativos de Educación Infantil do CEIP de Petelos; que foron caracterizados coma as personaxes de terror típicas desta época.

 

Durante a actividade estiveron presentes os concelleiros de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, e de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón.

 

Os alumnos-traballadores do Obradoiro ‘Mos coa Mocidade’ son mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos.

 

‘Mos coa Mocidade’ é un obradoiro mixto de emprego e formación que pretende mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización  de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procurando a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior  inserción laboral no mercado de traballo.

 

Concretamente o Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ consta de dúas especialidades: Seguridade e ambiente e Servizo socioculturais e á comunidade. Na segunda destas especialidades é na que se enmarca a iniciativa levada hoxe a cabo no Colexio de Petelos.

 

A través de ambas especialidades, os alumnos-traballadores poderán obter en cada especialidade dous certificados de profesionalidade completos, en concreto: Seguridade e ambiente que inclúe limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais. Os obxectivos desta especialidade son realizar labores de limpeza en espazos abertos, instalacións e equipamentos industriais e recoller, transportar, valorizar e eliminar residuos urbanos e industriais.

 

Estas actuacións estanse a realizar nos seguintes locais, parques e rede viaria do Concello: rede viaria e espazos públicos de titularidade municipal de Puxeiros, Peinador, Sanguiñeda, San Rafael, San Eleuterio e San Antoíño; parque municipal Campo da Feira; parque municipal Igrexa de Cela; parque municipal de A Lagoa; parque municipal de Torroso; parque municipal de Torroso; parque municipal de Costoias; parque municipal de Sanguiñeda; parque municipal parcela Multiusos; piscina municipal descuberta en San Eleuterio; piscina cuberta municipal no Pavillón “Óscar Pereiro”; Biblioteca Municipal do Concello de Mos. Os traballos de limpeza (mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns) das 6 zonas urbanas do Concello (Puxeiros, Peinador, Sanguiñeda, Pereiras, San Eleuterio e San Antoíño), así como o baldeo e fregado dos espazos abertos con camión motobomba nas mesmas zonas urbanas e os labores de limpeza e mantemento da piscina municipal descuberta de San Eleuterio e a piscina cuberta municipal das Pozas, realízanse con servizos propios do Concello e colaboración do persoal, maquinaria e medios auxiliares do Concello de Mos.

 

O certificado de profesionalidade de Servizos socioculturais e á comunidade inclúe dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, e dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Ámbito no que se enmarca a actividade desenvolvida hoxe cos alumnos e alumnas de Educación Infantil do CEIP de Petelos.

 

Con esta especialidade o Concello de Mos pretende desenvolver unha actuación integrada de dinamización de actividades de tempo libre educativo e cultural entre os xoves e nenos/as do Concello, coa finalidade de ofrecer aos mesmos alternativas educativas e de ocio, que incidan directamente no seu desenvolvemento como individuo e na súa educación en valores. Esta actuación complementa os recursos escolares e académicos en tempo lectivo e  horario escolar, así como as actividades extraescolares de mozos/as e nenos/as.

 

Participan neste Obradoiro de Emprego un total de 16 alumnos-traballadores con contrato de modalidade de traballo para a formación e aprendizaxe de seis meses de duración. A realización deste obradoiro é posible gracias a unha subvención da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que supera o importe de 135.000 euros.

 

O Obradoiro, que deu comezo o pasado 30 de setembro, persegue o obxectivo de fomentar o emprego a través de programas mixtos de emprego e formación dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro nacional de garantía xuvenil.

 

O programa de garantía xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xove que se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Contempla actuacións para mellorar la empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo. Para inscribirse os interesados poden dirixirse á Axencia de Ccolocación do Concello de Mos (teléfono 986 487786) e ó Servzo Público de Emprego de Galicia (teléfono oficina de O Porriño: 986 331262), onde se lles indicarán os pasos que son necesarios para a súa inscrición e se lles axudará na tramitación.

 

Tanto Soto como Monzón destacaron esta mañá que “España non pode permitirse taxas de desemprego xuvenil do 50% e por elo, aínda non tendo compenencias os concellos en materia de emprego, por sensibilidade, por solidariedade e por compromiso é necesaria a implicación de todos para tratar de dar solucións e saída a esta situación”. E concluíron declarando que “con proxectos coma este imos camiñando cara esa saída, que cada vez está máis preto e que precisa de solucións efectivas para problemas concretos coma é o desemprego xuvenil”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.