Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva insiste de novo na convocatoria da ‘mesa sobre a violencia machista’

A Presidenta da Deputación de Pontevedra cree que "a sexta morte dunha muller na provincia é un feito que demanda medidas das administracións"

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, volveu hoxe a insistir na convocatoria urxente dunha  mesa contra a violencia machista na que participen todas as administracións implicadas, o delegado do goberno, as forzas de seguridade e a Xustiza, tras o novo asasinato dunha muller na cidade de Vigo. Silva considera que o Presidenta da Xunta, Alberto Níñez Feijoo, tería que poñerse ao fronte deste iniciativa e impulsar a creación desta mesa.

 

Carmela Silva, que xa reclamara a creación desta mesa a semana pasada tras o quinto asasinato dunha muller na parroquia de Pontesampaio, considera "imprescindible e urxente" a súa posta en marcha tras o sexto asasinato por violencia machista na provincia. "As Administracións non podemos agocharnos tras a condena. Temos que poñer todos os nosos medios para articular as medidas necesarias que eviten este continuo goteo de asasinatos de mulleres", subliñou Silva.

 

A Presidenta da Deputación condenou "coa maior repulsa" este novo asasinato e subliñou que "non podemos permanecer impasibles porque nos están a asasinar".

 

Desde o pasado mes de setembro as vítimas da violencia machista na provincia duplicáronse acadándose a cifra de seis. A nivel nacional son, con esta nova vítima de Vigo, 39 as mulleres asasinadas e outros cinco casos que están a espera de investigación.

 

Carmela Silva volveu a facer un chamamento a toda a sociedade para acudir as concentracións de repulsa contra este novo acto de violencia contra a muller "por qué é necesario visibilizar e denunciar os asasinatos machistas".

 

A Presidenta da Deputación anunciou que acudirá aos tres minutos de silencio convocados polo concello de Vigo para mañá.

 

Mañá venres tamén se convoca un minuto de silencio, a medio día,  nas escaleiras de acceso ao Pazo Provincial da Deputación en Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.