Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 01 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Alumnos de 1º da ESO do IES de Mos serán informados dos servizos que presta a OMIX

A concellería de Educación e Participación Cidadá continúa co traballo realizado no curso anterior, de presentación da Oficina Municipal de Información Xuvenil como recurso á disposición do alumnado

[Img #21259]

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá,  Kely Monzón,  xunto cos técnicos do Concello (a psicopedagoga, o educador e a auxiliar administrativa), presentarán a Oficina Municipal de Información Xuvenil  ó alumnado de 1º da ESO do IES de Mos, para que coñezan todos os servizos que esta lles ofrece, o persoal do que dispoñen, o tipo de actividades que se ofertan, así como os diferentes departamentos da concellería de  Educación e Participación Cidadá.

 

Tratarase dunha única intervención por cada dous grupos, cunha duración aproximada de 40 minutos cada unha, que se realizará no propio salón de actos do Instituto de Ensinanza Secundaria.

 

Os grupos C e D de 1º da ESO terán a súa sesión o vindeiro martes 3 de novembro ás 9.20 horas, e os grupos A e B de 1º da ESO recibirana o mércores 4 de novembro ás 10.25 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.