Salceda de Caselas
Os socialistas solicitan a apertura dun proceso de participación cidadá cun avance informativo do Plan Xeral
Verónica Tourón ofrece un consenso entre todas as forzas da corporación
![[Img #21261]](upload/img/periodico/img_21261.jpg)
A voceira socialista municipal, Verónica Tourón, manifestou, tras a primeira comisión informativa desta lexislatura relativa á elaboración do novo Plan Xeral (PXOM), que o grupo municipal socialista de Salceda mantén a súa aposta pola apertura dun proceso de participación veciñal na elaboración do Plan Xeral (PXOM) previo á aprobación inicial da mesma.
“Os socialistas queremos que os veciños e veciñas sexan partícipes deste documento antes da súa aprobación inicial, o manifestamos xa na anterior lexislatura e o seguimos mantendo”, subliña a concelleira Gela Ledo.
A Voceira socialista, Verónica Tourón, remitiu unha carta por escrito aos voceiros dos outros grupos da corporación no que amosa o seu ofrecemento para chegar a un consenso, para a posta en marcha dun avance informativo do Plan Xeral e poñelo en coñecemento dos veciños de Salceda antes da súa aprobación inicial.
“O primeiro Plan Xeral que vai ter Salceda é unha oportunidade para comezar a facer as cousas ben, e os veciños e veciñas teñen que ser coñecedores e partícipes, aportando suxerencias que se poidan plasmar na mellora do documento inicial do Plan Xeral”, incide a voceira socialista, que afirma que o Plan Xeral é cousa de todos e todas, non só dunha empresa subcontratada. Nun Plan Xeral hai que contar cos veciños de Salceda, non só o que un goberno en minoría impoña, pois non vai ser só o PXOM de agora, se non o que marque a vida dos veciños e veciñas os próximo 20 ou 30 anos.
Neste sentido, o grupo municipal socialista ven de presentar para o próximo pleno que se celebrará o martes 3 de novembro unha moción no que se solicita a posta en coñecemento público do documento inicial do Plan Xeral a través dun avance informativo e participativo do Plan Xeral, feito que o artigo 125 do RD 2159/1978 polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana permite.
“Non só estamos convencidos que o coñecemento e a información pública evita as especulacións que se poidan dar, tamén defendemos o eixo central das nosas políticas que é que os veciños teñen dereito a participar da xestión política municipal”, concluíu Verónica Tourón

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191