Ponteareas
O BNG acusa ao Partido Popular de lembrarse da circunvalación cando se achegan as eleccións
O Responsable Local do BNG en Ponteareas, Santiago Domínguez, saíu ao paso das declaracións feitas polo Partido Popular nas que anunciaron a financiación da circunvalación de Ponteareas. Domínguez suxire ao PP que cambie de promesa electoral, xa que “cada vez que se achega unha cita electoral, o Partido Popular lémbrase da Circunvalación”
O BNG lembra que “o Partido Popular leva dende o goberno de Aznar realizando promesas anunciando a circunvalación, que nunca se chegaron a cumprir. Vinte anos despois da apertura da autovía, continuamos sen a circunvalación que prometeron os diferentes gobernos en Madrid”. Os nacionalistas sinalan que a hoxe ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada de Solla, Castro e Feijoo, prometían de novo a circunvalación nas eleccións xerais de 2011, pero o certo é que non fixeron nada e seguen burlándose dos veciños e veciñas de Ponteareas coas súas promesas.
O BNG sinala que o Estado “debe construír a circunvalación de Ponteareas conectando o núcleo urbano e a N-120 co enlace da Autovía en Moreira. A execución dunha circunvalación axudaría a resolver as retencións e atascos que agora se producen na estrada N-120, na conexión coa autovía e nas propias rúas de Ponteareas. Un concello, cos habitantes que ten Ponteareas, non pode ter unha conexión coa autovía por unha estrada comarcal que ten limitada a súa capacidade por cruzar unha zona densamente poboada.
Para o BNG, “a propaganda continuada e a escasa atención de Madrid á circunvalación pon de manifesto a falta de vontade política e de compromiso do Goberno de Rajoy á hora de levar adiante unha infraestrutura convertida nunha reivindicación histórica dos veciños e veciñas de Ponteareas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149