Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 01 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Os Bombeiros de Vigo rescataron a un muller atrapada nun turismo accidentado na VG-20

Unha muller quedou atrapada dentro do turismo que conducía tras sufrir un accidente na VG-20, en Vigo. A ferida precisou da axuda dos bombeiros para saír do vehículo e ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia, que rápido a evacuaron ao centro hospitalario de referencia. Segundo relatou o particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, o sinistro se produciu arredor das 7:20 horas de hoxe no punto quilométrico 11 da VG-20, en sentido Bouzas. El mesmo advertiu ao persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia que sería necesario empregar un equipo de excarceración para liberar á muller. Así, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Vigo, Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico.

 

Tamén, en Vilanova de Arousa, tres persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital do Salnés por mor das feridas provocadas a causa dun accidente de coche preto da Igrexa de Tremoedo. Por razóns que aínda se descoñecen, o vehículo no que viaxaban os tres feridos se saíu da vía. Pese a iso, os tres estaban liberados e accesibles, mais os Bombeiros do Salnés se mobilizaron igualmente para restablecer as condicións de seguridade na vía. Ademais dos efectivos do parque de Ribadumia, ata Tremoedo se desprazou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, os técnicos de Urxencias Médicas e membros de Protección Civil de Vilanova. O 112 Galicia rexistrou o accidente ás 6:40 horas desta mañá.     

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.