Mos
Os vándalos destrozan tres portas de entrada e dous cristais do Centro de Saúde de Mos
Trátanse de supostos actos vandálicos acontecidos ó longo da última semana e que están a ser investigados pola Policía Local e a Garda Civil
![[Img #21327]](upload/img/periodico/img_21327.jpg)
A concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, alertou dunha serie de actos vandálicos acontecidos durante a última semana nas instalacións do Centro de Saúde do Rebullón.
A problemática iniciouse a semana pasada coa rotura do cristal da porta do servizo de urxencias do Centro de Saúde, segundo informou a edil, continuando con roturas reiteradas da porta completa da entrada principal (e un desperfecto parcial consistente na rotura de dous dos seus cristais, na última ocasión) do edificio ó longo dos últimos catro días. Cebreiro lamenta que, tras estes catro últimos incidentes, repúxose a porta rota voltando a ser destrozada a nova instalada, ata catro veces consecutivas, co conseguinte gasto público.
Sara Cebreiro advirte, neste sentido, que dende o Concello xa se tomaron as medidas oportunas e tanto a Policía Local coma a Garda Civil xa se atopan investigando para localizar ó responsable ou responsables destes actos.
A concelleira advirte, así mesmo, de que as forzas de seguridade competentes xa abriron a correspondente investigación e lamenta “que se cheguen a realizar este tipo de actos vandálicos que demostran ignorancia, xa que o único que se consegue con eles é perxudicar a tódolos veciños e veciñas de Mos”. “É un acto patético e vergoñento co que só se logra mermar a calidade de vida dos mosenses”, sentenciou a edil.
Dedúcese que se tratan de posibles actos vandálicos ó rexistrarse tan só destrozos nas portas de entrada, tanto principal como de urxencias, sen que fose detectada a desaparición ou ausencia de bens materiais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136