Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 03 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva destaca nas xornadas de Fundamar o proxecto de igualdade entre mulleres e homes no sector pesqueiro

A Presidenta da Deputación de Pontevedra destaca o "gran acordo social" que representa a Fundación para a Pesca e o Marisqueo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe na inauguración das xornadas do quinto aniversario da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) o seu proxecto de igualdade entre mulleres e homes no sector pesqueiro.

 

Silva participou hoxe na Cooperativa de Armadores de Vigo na inauguración destas xornadas coas que se quere celebrar o quinto aniversario da Fundación, integrada pola propia Cooperativa  e os sindicatos UGT e CC.OO.

 

Precisamente, "o acordo social" que representa Fundamar polos seus obxectivos comúns para empresarios e traballadores, é o que máis celebrou Carmela Silva  xa que "as administracións  teriamos que reflexarnos en proxectos como este".

 

A Presidenta destacou o traballo que ben facendo FUNDAMAR  en ámbitos tan importantes para o sector pesqueiro como a seguridade, a formación, o ámbito social e tamén en aspectos medio ambientais "todo co obxetivo de mellorar o sector pesqueiro e marisqueo para que siga a ser un piar da economía da nosa provincia", subliñou Silva.

 

A este respecto, Carmela Silva non perdeu a oportunidade de voltar a mostrar o seu apoio ao sector do cerco, xa que considera as súas reclamacións de máis cota e mellor reparto "son xustas".  "Dende Vigo vemos con moita sensibilidade este sector porque forma parte da nosa historia pero tamén ten que formar parte do noso futuro", concluíu a Presidenta da Deputación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.