Oia
Eliminado un vertido de augas residuais urbanas no rego Viladesuso
Augas de Galicia vén de comprobar a emenda dun vertido de augas residuais urbanas procedentes da rede de saneamento que estaba afectando ao rego Viladesuso, no termo municipal de Oia.
Está actuación realizouse ao abeiro do Plan de Control de Vertidos (PCV) e detectouse durante as labores de inspección que realiza o persoal técnico para controlar puntos de vertido.
O aporte contaminante, que se estaba producindo na marxe esquerda da ponte do lugar de O Serrallo, produciuse polo desprazamento dun dos aneis de formigón que conformaban o colector, o que permitía a saída das augas residuais.
Logo de detectalo, Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do concello, que o solucionou de forma inmediata. Recentemente, técnicos dependentes de Augas de Galicia xiraron unha nova inspección de comprobación á zona, constatando que a través do colector da rede de saneamento xa non se producía o vertido de auga residual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22