Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Un accidente na A-55 sáldase con dúas persoas feridas de carácter leve

Dúas persoas resultaron feridas de carácter leve nun accidente rexistrado esta mañá na A-55, en Vigo. No accidente, no que se viron implicados dous turismos, tivo lugar cando un deles envorcou despois de impactar coa mediana da Autovía, á altura de Segade, ao redor do punto quilométrico 4-. Así o relataba o particular que pedía axuda ó CAE 112 Galicia ás 09:00 horas desta mañá. Por iso, de contado, se informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros da cidade que, finalmente, descartaron a excarceración e confirmaron a existencia de dúas persoas feridas de carácter leve. A Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil tamén foron informados polo 112 Galicia. En Cartelle, sobre as 08:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia rexistraba outro accidente cunha furgoneta que envorcara na estrada que une Espiñoso e Outomuro, á altura de Ella de Abaixo. O particular que informou ó 112 Galicia, indicou que a persoa estaba consciente pero que precisaban axuda para evacuar ó ferido. Así, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Celanova que, aínda que non chegaron a empregar o material de excarceración, si axudaron a sacar á persoa do vehículo. O ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia. A intervención dos axentes de Tráfico e de Protección Civil de Cartelle tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.