Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A parroquia de Prado contará con mesa electoral

Todos os veciños e veciñas poden comprobar se están inscritos no censo electoral pasando polo Centro Social da vila

O censo electoral correspondente ás eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro 20 de decembro está exposto para a súa comprobación no Centro Social da vila até o vindeiro luns, 9 de novembro, data límite na que se poderán facer as reclamacións pertinentes. 

 

Este censo comprende aos maiores de idade inscritos no padrón municipal ata 1 de agosto deste ano. É conveniente que comproben a súa inclusión, sobre todo, as persoas que cumpriron 18 anos despois das eleccións de maio ou aquelas persoas que se empadroaron ao longo deste ano 2015.

 

Como novidade neste proceso electoral, a parroquia ponteareá de Prado contará con mesa electoral propia. Trátase dunha demanda histórica dos veciños desta parroquia, que levan moitos anos contando cunha poboación que roza a cifra necesaria para contar cunha mesa electoral.

 

Isto será posible grazas a xestión do goberno municipal, que viu concedida unha petición realizada á Delegación Provincial de Estatística na que se argumentaba a conveniencia de crear unha nova mesa dentro do Concello de Ponteareas que reunira aos veciños e veciñas de Prado e á veciñanza do barrio de Pontacóns, na parroquia de Pías, acadando así a cifra marcada pola lei para constituír unha nova mesa.

 

Deste xeito, o goberno local consegue facilitar o voto dos habitantes de ámbalas dúas zonas, pois os veciños de Pontacóns, barrio que pertence a parroquia de Pías, están moito máis preto do lugar de votacións de Prado que do de Pías. Ademais desta nova mesa en Prado, Pías e Bugarín manteñen as súas respectivas mesas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.