Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Educación desprega no Instituto as súas armas contra o fracaso escolar

A concellería dirixida por Kely Monzón desenvolve estes días no IES de Mos a iniciativa AtopaMOS Motivos e sesións informativas sobre a Oficina Municipal de Información Xuvenil

[Img #21380]

 

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón está a desenvolver dúas iniciativas no Instituto de Ensinanza Secundaria dirixidas ó alumnado da ESO, consistentes nunha actividade de motivación e técinas de estudo e unhas sesións informativas sobre a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

A actividade de motivación e técnicas de estudo orientada á prevención do abandono e do fracaso escolar titúlase AtopaMOS Motivos e comenzou no día de onte cos cursos de 1º y 2º da ESO.

 

AtopaMOS Motivos é un programa preventivo centrado no traballo sobre os intereses e preferencias do alumnado como base do fomento da súa motivación fronte a actividade do estudo.

 

Sobre es a concelleira Monzón explicou que “a motivación é un dos factores máis importantes na vida académica dos rapaces/zas, xa que constitúe o paso previo ao aprendizaxe e é o motor do mesmo. Activar a motivación do alumnado implica captar a súa atención espertando a curiosidade, mostrando a relevancia do que teñen que aprender e creando as condicións necesarias para manter o seu interese. Por outra parte debemos ter presente os hábitos de estudo, que son accións propias que influirán no noso proceso de aprendizaxe (na asimilación, no éxito ou no fracaso escolar, etc.). Tendo en conta que este proceso se prolonga ao longo da nosa vida (educación permanente) é preciso prestarlles atención e favorecer unhas costumes axeitadas ante o estudo”.

 

Dende o IES de Mos detectáronse problemas nos hábitos de estudo dos estudantes, o que trae como consecuencia o fracaso escolar, que pode derivar a súa vez en condutas disruptivas, absentismo escolar, etc. Por este motivo, estase a levar a cabo esta iniciativa de corrección e prevención nos máis pequenos/as do instituto, que promova bos hábitos de estudo e técnicas relevantes no proceso de aprendizaxe.

 

Os obxectivos deste programa son favorecer a motivación dos/as alumnos/as cara os estudos e o mundo académico, e promover a adquisición dos hábitos e técnicas de estudo que lles permitan acadar o éxito escolar; facilitar o autocoñecemento dos/as alumnos/as no referente os seus propios intereses e aficcións; promover a reflexión sobre a actividade do estudo e os beneficios que proporciona sobre a persoa que a realiza; favorecer a busca de obxectivos persoais e o establecemento dos pasos necesarios para acadar os nosos obxectivos; fomentar bos hábitos de estudo e adquirir as técnicas de estudo necesarias para desenvolver a tarefa académica con éxito.

 

Nesta iniciativa o alumnado é axente activo do seu propio proceso de desenvolvemento, por iso a metodoloxía deste programa precisa ser activa e participativa. Por outra banda, os docentes son tamén parte importante xa que a súa implicación engade relevancia ás tarefas do alumnado.

 

As sesións das que consta AtopaMOS Motivos englobarán os meses de novembro, decembro e xaneiro no horario de titorías. Comezouse onte e rematarase o día 26 de xaneiro; sendo nove, o  número de sesións do programa por cada aula.

 

Por outra banda os alumnos de 1º da ESO do IES de Mos están tamén a ser informados dos servizos que lles presta a OMIX do Concello. A concellería de Educación e Participación Cidadá continúa co traballo realizado no curso anterior, de presentación da Oficina Municipal de Información Xuvenil como recurso á disposición do alumnado.

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá,  Kely Monzón,  xunto cos técnicos do Concello (a psicopedagoga, o educador e a auxiliar administrativa), presentaron entre onte e hoxe a Oficina Municipal de Información Xuvenil  ó alumnado de 1º da ESO do IES de Mos, para que coñezan todos os servizos que esta lles ofrece, o persoal do que dispoñen, o tipo de actividades que se ofertan, así como os diferentes departamentos da concellería de  Educación e Participación Cidadá.

 

Trátase dunha única intervención por cada dous grupos, cunha duración aproximada de 40 minutos cada unha, que se realizou no propio salón de actos do Instituto de Ensinanza Secundaria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.