Salceda de Caselas
Os socialistas logran que pleno de Salceda aprobe un avance do PXOM
Verónica Tourón apelou ó consenso e considera este tema como o de maior transcendencia política desta lexislatura
![[Img #21382]](upload/img/periodico/img_21382.jpg)
A voceira socialista municipal, Verónica Tourón, manifestou tras o pleno celebrado onte, a súa satisfacción pola aprobación da moción do PSOE para abrir o Plan Xeral á cidadanía a través dun avance do PXOM como establece a lei, e agradeceu ó resto dos grupos o debate sobre a mesma e o apoio dos concelleiros do pleno que aprobaron a moción, pois para os socialistas, se trata segundo os socialistas, "seguramente dun dos temas de maior transcendencia política desta lexislatura".
“Os socialistas de Salceda defendemos con esta iniciativa, garantir o dereito dos veciños e veciñas de Salceda a coñecer e opinar sobre o Plan Xeral dende o seu primeiro momento, feito que defendemos dende o primeiro intre no que se presentou en comisión informativa o documento na anterior lexislatura, na que a ex-concenlleira Marina Cabaleiro xa manifestara a vontade do grupo socialista de abrir aos veciños a redacción do PXOM de Salceda, aínda que naquel intre o rexedor bloqueou a iniciativa” explican nunha nota de prensa emitida onte.
No pleno celebrado onte a voceira volveu a defender o tema, “é cuestión de vontade política, de transparencia, de que realmente os veciños poidan coñecer o Plan antes da súa aprobación e de que poidan aportar suxerencias” sinala.
A Voceira socialista, Verónica Tourón, apelou o consenso xa plasmado na carta que remitiu a semana pasada ós voceiros dos outros grupos da corporación, no que amosaba o seu ofrecemento para chegar a un consenso. A pesar de non ter obtido resposta ó escrito, no propio pleno, despois da exposición pública que fixo a voceira, e a pesar dos intentos de convencer e meter medo do Sr. Alcalde ó voceiro do Partido Popular, este último respaldou na súa quenda a argumentación do grupo socialista, o que desencadeou en que a moción saíse apoiada cos votos do PSOE e o apoio do PP.
“Trátase dunha votación histórica”, afirman os socialistas, “porque o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Salceda vaise realizar coa participacións de todos os veciños e veciñas de Salceda”.
Os socialistas reiteran a necesidade de aprobar un Plan Xeral, e non van a poñer en risco a súa aprobación, pero consideran que “O primeiro Plan Xeral que vai ter Salceda é unha oportunidade para comezar a facer as cousas ben, e os veciños e veciñas teñen que ser coñecedores e partícipes, aportando suxerencias que se poidan plasmar na mellora do documento inicial do Plan Xeral”, incide a voceira socialista.
“O Plan Xeral é cousa de todos e todas, non só dunha empresa subcontratada”, afirmou Verónica Tourón. “Nun Plan Xeral hai que contar cos veciños de Salceda, non só o que un goberno en minoría impoña, pois non vai ser só o PXOM de agora, se non o que marque a vida dos veciños e veciñas os próximo 20 ou 30 anos.”
Críticas de Marcos Besada
Verónica Tourón restou tamén importancia aos duros ataques do Alcalde durante o pleno no debate sobre a moción socialista de aprobar un avance do PXOM e un proceso participativo na súa redacción, afirmando que “estas críticas responden a que Marcos Besada non tiña argumentos para para defender a negativa a realizar o avance do PXOM, algo que ía en contra dos veciños/as de Salceda”.
Iso sí, Tourón destacou que “parece que a participación cidadá para o goberno, a transparencia e o consenso non foron máis alá do programa electoral. Pedimos ao alcalde que reconsidere esa postura e aposte na xestión do PXOM e na xestión diaria do goberno o consenso social”
IBI
Ademais, os dous grupos da oposición levaban propostas para a rebaixa do IBI, o cal despois dun debate intenso e coa negativa rotunda do grupo de goberno conseguiron aprobarse.
“Os socialistas seguiremos defendendo Salceda e os nosos veciños por encima de calquera outro interese, e os próximo catro anos seguiremos defendendo a información, a transparencia e a participación veciñal, tal como defendíamos xa no noso programa electoral”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191