Ponteareas
O PP de Condado-Paradanta, preocupado pola continuidade dos proxectos da Franqueira e do Castelo de Sobroso
O alcalde da Cañiza confía en que se se perderan os cartos da Xunta para a rehabilitación do entorno da Franqueira, “sexa a Deputación a que asuma a totalidade do gasto dado que foron eles os que provocaron os retrasos”.
![[Img #21394]](upload/img/periodico/img_21394.jpg)
Os deputados provinciais Nidia Arévalo e Julio Alén reuníronse na tarde de onte cos voceiros do Partido Popular das comarcas de Condado e Paradanta, co obxectivo de escoitar as súas primeiras impresións destes catro meses de goberno provincial e traballar de cara os orzamentos de 2016. No encontro, os populares amosaron a súa preocupación polos proxectos da Franqueira e do Castelo de Sobroso, dúas actuacións prioritarias e importantes para potenciar o turismo nestas comarcas e que supoñen un investimento de 640.000 euros.
A dous meses de rematar este ano 2015, temen que os orzamentos que foron comprometidos polo anterior goberno provincial poidan perderse, e con eles tamén os seus proxectos. Segundo o voceiro popular de Ponteareas, Salvador González Solla, “o Goberno anterior fixo un esforzo importante para sacar estes dous proxectos adiante, e poden perderse”.
No que respecta á recuperación da Franqueira e o seu contorno, no Concello da Cañiza, o proxecto conta cun investimento de 322.000 euros. Para recibir os fondos da Xunta, a obra ten que estar rematada antes do 15 de decembro. A Deputación aprobou a adxudicación o pasado 29 de outubro, pero aínda está pendente da firma da presidenta. Deste xeito, explica o alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, que “parécenos que hai intencións por parte do novo goberno provincial de continuar con este proxecto, pero preocúpanos a axuda da Xunta porque se está botando o tempo encima para que remate o prazo”.
Nesta liña, o alcalde da Cañiza confía en que se isto ocorre, e se perderan os cartos da Xunta, “a Deputación asuma a totalidade do proxecto, dado que foron eles os que provocaron os retrasos”.
Para o Castelo de Sobroso, no Concello de Ponteareas, o anterior presidente Rafael Louzán presentou a mediados de xullo un proxecto por importe e 315.254 euros para obras de mellora e de conservación e un prazo de execución de cinco meses. A pesar de que a presidenta se comprometeu a principios de outubro, nunha visita institucional a Ponteareas, a impulsar a rehabilitación do castelo, a día de hoxe continúa sen avanzar na adxudicación do proxecto.
Fondo local e estradas provinciais
Outra das críticas que fan os populares desta comarca é respecto ao Fondo Local da Deputación. Desde a reunión que os alcaldes mantiveron en xuño coa presidenta provincial non volveron a saber nada máis respecto a este fondo, o que está dificultando a planificación dos orzamentos municipais de cara ao próximo ano. Así, recoñecen que os concellos xa están traballando neste documento pero aínda non saben nin cantos cartos van recibir nin de que xeito.
Ademais, denuncian, ao igual que xa fixeron a semana pasada no Salnés, o “estado lamentable” no que se atopan as estradas provinciais. Critican que faltan mantemento e limpeza, o que dificulta moito unha circulación segura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149