GALICIA
Medio Ambiente pecha a web de participación para a elaboración dun catálogo das paisaxes galegas
Introducíronse preto de 2.000 lugares de interese paisaxístico a través deste sistema
![[Img #21410]](upload/img/periodico/img_21410.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pecha hoxe a plataforma web de participación pública posta en marcha para a elaboración do catálogo das paisaxes de Galicia, logo de estar aberta durante os meses de setembro e outubro para recoller as achegas dos cidadáns galegos.
Nestes dous meses, a través deste sistema web introduciuse información de preto de 2.000 lugares de interese paisaxístico. Os usuarios da plataforma tamén aportaron datos sobre os valores paisaxísticos que caracterizan a zona ou sobre a identificación de áreas degradadas. Toda esta información será agora avaliada antes de pechar o documento definitivo.
Ademais da plataforma, entre outubro e novembro organizáronse un total de 12 obradoiros participativos nos núcleos de poboación de maior tamaño de cada unha das áreas paisaxísticas de Galicia (serras orientais; serras surorientais; chairas e fosas luguesas; chairas, fosas e serras ourensás; ribeiras encaixadas do Miño e do Sil; costa sur- Baixo Miño; Galicia central; Rías Baixas; chairas e fosas occidentais; golfo Ártabro; Galicia setentrional; e a A Mariña- Baixo Eo). En total, máis de 200 persoas tomaron parte nestes talleres.
Todo este proceso de participación pública xurdiu da convicción de que é necesario contar cos cidadáns nos procesos de toma de decisións sobre a paisaxe e o territorio, xa que “ninguén coñece tan ben o territorio e a paisaxe galega como as persoas que viven nela”.
O catálogo, que formará parte do Atlas das Paisaxes de Galicia, identificará e caracterizará os valores e as potencialidades paisaxísticas do noso territorio cara a súa protección e xestión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149